Obxectivos da Plataforma.
  

A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil é unha iniciativa que pretende promover unha aceleración do cambio, a orientación cara á I+D+i das actividades empresariais do sector téxtil.

O obxectivo da Plataforma e o de fomentar e producir sinerxías entre os axentes galegos interesados no deseño, produción e comercialización  no téxtil galego para participar na planificación do I+D+I do sector na Comunidade Autónoma de Galicia e posicionalocomo líder entre os sectores estratéxicos galegos.

A Plataforma está aínda a discutir cales van ser os seus obxectivos específicos, pero unha primeira proposta apunta cara a:

  • Proporcionar unha Visión Estratéxica do sector e a súa perspectiva de desenvolvemento a medio e longo prazo.
  • Fomentar a cultura do I+D+i no sector.
  • Contribuír o máis amplo acordo en materia de obxectivos, estratexia e cooperación a través de conexión en rede en materia de I+D+i e actuación en común no sector.
  • Mellorar a captación de financiamento para o desenvolvemento das actividades de I+D+i, tratando de aproveitar os recursos financeiros tanto a nivel rexional, estatal como internacional destinados para estes fins.
  • Gañar en interrelación con outros subsectores do sector téxtil e de confección
  • Incentivar a promoción e participación das empresas en proxectos de investigación e desenvolvemento (retos tecnolóxicos), especialmente con impacto internacional.
  • Fortalecer o papel do COINTEGA como axente promotor do I+D+i no sector.
  • Vertebrar as relacións de COINTEGA con outros axentes galegos que tamén poidan estar implicados en actividades de fomento do I+D+i, como podería ser o novo Centro Tecnolóxico do Téxtil, as Universidades Galegas, etc.

Nesta tarefa COINTEGA poderá xogar un papel de especial relevante, como principal axente que representa aos intereses do sector téxtil en Galicia.