Grupos de trabajo
  

A creación dun grupo de empresas de referencia constitúe un elemento fundamental do proceso de creación da plataforma textil, xa que supón a base para a constitución dos grupos de traballo operativos que posteriormente integren ás empresas con interés en cada un dos temas propostos: grupos de investigación, centros tecnolóxicos ou outro tipo de organismos que proporcionarán unha visión cualitativa dos retos e desafíos tecnolóxicos do sector textil e do papel que debe xogar a I+D+i para afrontar con éxito ditos desafíos.

Este grupo deberá estar formado por 8-10 empresas como Grupo 0 da Plataforma. O mesmo será moderado por COINTEGA, como promotora da Plataforma Tecnolóxica, e para iso conta co apoio da asistencia técnica de cara a facilitar a reflexión sobre as capacidades de I+D+i e as posibles liñas estratéxicas que se están definindo na Axenda Estratéxica de Investigación.

Ademáis, está prevista a constitución de Grupos de traballo alineados coa Plataforma Tecnolóxica Española do Textil. Iso supón a creación dos grupos seguintes:

  • Novas fibras especializadas e compostas para produtos textís innovadores.

  • Funcionalización de materiais textís e procesos relacionados

  • Biomateriais, biotecnoloxías e procesos respetuosos co medioambiente.

  • Novos produtos textís para aplicacións técnicas (transporte, construción, xeotéxtiles...)

  • Novos productos textiles para a mellora da actividade humán.

  • Personalización de produtos textís para o cliente para a súa fabricación masiva.

  • Textís e Indumentaria Intelixentes.

  • Novos conceptos e tecnoloxías para mellorar o proceso de deseño e desenvolvemento do produto.

  •  Ciclo de vida dos productos textís e de confección. Xestión da súa calidade.