Convocatoria de axudas para mellorar a capacidade innovadora das Pemes. Programa Innoempresa.
  

O programa Innoempresa desenvólvese a través de tres liñas básicas de actuación: Innovación organizativa e xestión avanzada; Innovación tecnolóxica e calidade; e Proxectos de innovación en colaboración. As tres liñas están baseadas na utilización de instrumentos e procedementos de xestión xa contrastados para impulsar a promoción da competitividade das pemes mediante a innovación.

As axudas aplicables nesta convocatoria sonas seguintes:

  • IG127  -Proxectos de novos modelos empresariais innovadores mediante a implantación de ferramentas de xestión avanzada.
  • IG128 -Realización de diagnósticos integrais e elaboración e implantación de plans estratéxicos.
  • IG129 - Proxectos de deseño de novo produto.
  • IG130 - Realización de diagnósticos tecnolóxicos e plans de mellora tecnolóxica.
  • IG131 - Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado desenvolvidos por pemes que impliquen a creación ou mellora substancial dun produto, proceso produtivo ou servizo de maior nivel tecnolóxico.
  • IG132 - Implantación e certificación de acordo coas normas UNE 166.001 (proxectos de I+D+i) e UNE 166.002 (sistemas de xestión da I+D+i).
  • IG133 - Implantación e certificación de sistemas de xestión medioambiental (ISO 14001), sistemas integrados de calidade e medioambiente (ISO 14001+ISO 9001), excelencia empresarial EFQM e sistemas de xestión da seguridade da información (ISO 27001 ou eventuais desenvolvementos posteriores)
  • IG134 - Proxectos presentados por grupos de empresas cuxa actividade forme parte da cadea de valor global dun produto, a través de proxectos integrados de xestión loxística, medioambiental ou enerxética e outros proxectos innovadores de implantación conxunta, como enxeñería concurrente ou deseño distribuído, destinados a mellorar procesos e produtos de empresas relacionadas pola cadea de valor.
  • IG135- Identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes.