Convocatoria 2012 "Marie Curie Industry-Academia Partnerships and Pathways" (IAPP) do Programa Persoas do VII Programa Marco.
  

Obxectivo: fomentar a cooperación entre os organismos de investigación e
as empresas privadas (especialmente PEMEs) para o desenvolvemento dun
programa científico conxunto a través do intercambio de persoal
(investigadores, técnicos e xestores), en calquera área temática. O intercambio
debe ser intersectorial e transnacional (o intercambio
intersectorial dentro dun mesmo país esta permitido ata un máximo do 30%).

Orzamento: 80.000.000 €

Consorcio: como mínimo,
unha entidade do sector académico (universidade, centro de investigación, centro
tecnolóxico, etc.) e unha empresa, procedentes de dous estados membros ou países
asociados diferentes.

Financiamento: ata o 100% dos custes
elixibles. O financiamento cubre:

- Custes do persoal obxecto do
intercambio;
- Contratación de persoal con experiencia alleo á asociación
para facilitar a transferencia de coñecementos e/ou a formación do persoal;
-
Actividades de traballo en rede, organización de obradoiros e conferencias;
-
Financiamento de equipamento de investigación para PEMEs, cunha contribución
máxima da CE do 10% para cada PEME participante.

Duración dos
proxectos
: ata 4 anos.

Data de peche: 19 de abril de 2012 ás
17:00:00 (hora local Bruxelas)

Máis información:

- Ligazón
á documentación da convocatoria:  FP7-PEOPLE-2012-IAPP
-
Ligazón ao folleto sobre as Accións Marie Curie dirixidas ás PEMEs: Folleto
IAPP-ITN

Destacar que a acción Marie Curie IAPP pode
ser unha interesante fonte de financiamento para a investigación do sector
privado, especialmente para as PEMEs, porque é a única acción na que unha soa
PEME pode solicitar financiamento para investigación en cooperación cun só socio
académico. O índice de éxito na convocatoria 2011 foi do 32%.