Taller no marco das Accións Marie Curie para PEMEs: Como escribir unha proposta ITN e IAPP exitosa.
  
Dende a Oficina de Programas Internacionais de I+D+i estamos a organizar o Taller ACCIÓNS MARIE CURIE PARA PEMES: COMO ESCRIBIR UNHA PROPOSTA ITN E IAPP EXITOSA, que terá lugar no CIS GALICIA,  en  Ferrol, o próximo 7 de xuño de 2012.

Trátase dun taller eminentemente práctico onde se abordarán as cuestions máis relevantes para a preparación de propostas exitosas de ITN e IAPP, así como os contidos das próximas convocatorias. Ademais, adiantaranse algunhas novidades do Programa People en Horizon 2020 e ofrecerase a posibilidade de concertar entrevistas para revisión de propostas.

Poden ampliar información e obter o boletín de inscrición na seguinte ligazón:

TALLER ACCIONS MARIE CURIE PARA PEMES