Axudas á reorientación e competitividade das PEMEs galegas. Convocatoria 2012.
  

A Consellería de Economía e Industria vén de convocar, a través do Igape e en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para proxectos de reorientación e mellora da competitividade das pemes galegas. As liñas convocadas son as seguintes:

-IG103: Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes entre 100.000 € e 500.000 € de investimento subvencionable. [ver ficha]
-IG174: Proxectos de mellora das pemes do sector servizos cun investimento subvencionable superior a 30.000€ e ata 200.000€. [ver ficha]