Estrutura
  

O Comité executivo será o órgano directivo visible da Plataforma e, en liñas xerais, será o que vele polo cumprimento dos seus fins, dando conta á Asemblea xeral tanto do cumprimento dos acordos adoptados coma das decisións adoptadas no cumprimento do seu contido.

Estará formado por un presidente, un vicepresidente, un secretario e cinco vogais.

O presidente da Plataforma coincidirá coa persoa que ostente en cada momento a presidencia de Cointega. Representará legalmente á Plataforma ante toda clase de organismos, públicos ou privados; tamén será a persoa que convoque, presida e levante as sesións da Asemblea e do Comité executivo, así como a dirección das deliberacións durante o transcurso das mesmas.

Por outro lado, autorizará, coa súa firma, os documentos, actas e correspondencia. Tamén será o que, en caso extraordinario ou cando resulte necesario, adopte calquera medida urxente para asegurar a boa marcha da Plataforma, sen prexuízo das contas que posteriormente dará á Asemblea.

O vicepresidente da Plataforma deberá cumprir con aquelas funcións que lle sexan asignadas polo Comité executivo e substituír ao presidente nas súas funcións no caso de ausencia deste (tendo, neste caso, as súas mesmas atribucións).

O secretario será o encargado de levantar acta das Asembleas e coincidirá, en cada momento, coa Secretaría Xeral de Cointega.

Os cinco vogais que formarán parte do Comité terán as obrigas propias do seu cargo como membros do Comité executivo.