Introdución
  

A Plataforma Tecnolóxica Galega do Téxtil defínese como un lugar de encontro e diálogode todos os axentes relacionados co Sector Téxtil galego.

E por qué crear unha plataforma...?

  • Polas desvantaxes procedentes da situación de mercado (carencia de bens de equipo, dificultades financeiras, reducido tamaño das empresas, carencia de factores innovadores).
  • Pola atomización das empresas.
  • Polo escaso investimento en I+D+i.

Os posibles beneficios da constitución da Plataforma Tecnolóxica son:

  • Incrementar a produtividade das empresas.
  • Incrementar a capacidade de innovar.
  • Estimular a creación de empresas.
  • Fortalecer o papel do cluster como promotor da I+D+i no sector.
  • Analizar e informar ao cluster sobre o estado das tecnoloxías aplicadas.
  • Fomentar o diálogo habitual entre os axentes que operan a distintos niveis na cadea de valor do sector.
  • Apoiar o desenvolvemento de proxectos de I+D+i e de mellora tecnolóxica a través da procura de financiamento.
  • Fomentar a internacionalización da I+D+i galega.
  • Elaborar e manter a Axenda Estratéxica de Innovación do sector téxtil galego.