Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa.
  

Dende a
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense (Universidade de Vigo)
organizan para o próximo curso 2011-2012 o Máster en Creación,
Dirección e Innovación na Empresa
.

A
continuación, sintetízase o que se consideran s aspectos máis destacables do
Máster:

- O primeiro
prazo de matrícula abarca do 1 ao 7 de xullo e o segundo do 30
de agosto ao 12 de setembro
.

o O prezo de
matrícula por curso completo foi de 1173 euros no curso 2010-11 (fixado por Real
Decreto da Xunta de Galicia).

- A páxina web
do Máster é: http://www.fcetou.uvigo.es/mastercidie.
Alí pode complementarse esta información, así como obter os datos de contacto
para máis información.

o É un
Máster Universitario Oficial, con todas as vantaxes que iso supón (taxas
públicas reducidas, homologado e integrado no Espazo Europeo de Educación
Superior, sometido a un proceso externo de verificación da súa calidade). É o
único Máster oficial que, dentro do sistema universitario galego, oferta unha
formación nos seguintes ámbitos de especialización:

1. creación e
dirección de empresas,

2. xestión da
innovación, a tecnoloxía e a calidade.

o Este Máster é
apoiado e elaborouse en colaboración con diversos colectivos socio-económicos
(asociacións empresariais e empresas punteiras de Galicia), con representantes
da administración pública (Consellería de Traballo e Benestar), cunha entidade
financeira, e con responsables do Parque Tecnolóxico de Galicia. A colaboración
e apoio de todas estas institucións permite achegar un amplo programa de
actividades, recoñecemento oficial e de formación.

o Ten unha
duración de 90 créditos ECTS, dos cales 60 son de docencia
teórico-práctica e 30 corresponden a prácticas en empresas ou en organizacións
de soporte á investigación e innovación (centros de innovación, centros
tecnolóxicos, parque tecnolóxico, etc.) e un traballo fin de
Máster.

§ O cadro de
profesorado deste Máster está constituído por especialistas doutores da
Universidade de Vigo, profesores doutores de recoñecido prestixio de outras
universidades, profesionais de organizacións públicas e empresas privadas, que
achegarán a súa experiencia en xestión de proxectos, empresas e iniciativas, con
interese especial para ilustrar os contidos teóricos do Máster. Adicionalmente,
organizaranse actividades complementarias, mesas redondas, foros de empresarios,
visitas a empresas, visitas a parques tecnolóxicos e a centros de innovación e
tecnolóxicos, etc.

§ As clases
impartiranse principalmente en sesións venres tarde e sábado de mañá (nalgún
caso será necesario utilizar xoves tarde).

§ O Parque
Tecnolóxico de Galicia colaborará ao longo do curso, mediante o seu gabinete de
viabilidade e apoio a emprendedores, ofrecendo asesoramento ao alumnado que o
desexe para a elaboración dun proxecto de creación de
empresa.

§ Como
complemento á actividade formativa ofreceranse ao longo do master cursos e
actividades deseñados especialmente para o alumnado deste
Máster.