Grupos de trabajo
  

A creación dun grupo de empresas de referencia constitúe un elemento fundamental do proceso de creación da plataforma téxtil, xa que supón a base para a constitución dos grupos de traballo operativos que posteriormente integren ás empresas con interese en cada un dos temas propostos, grupos de investigación, centros tecnolóxicos ou outro tipo de organismos que proporcionarán unha visión cualitativa dos retos e desafíos tecnolóxicos do sector téxtil e do papel que debe xogar o I+D+i para afrontar con éxito os devanditos desafíos.

Este grupo deberá estar  formado por 8-10 empresas como Grupo 0 da Plataforma. O mesmo está a ser moderado por COINTEGA, como promotora da Plataforma Tecnolóxica, e para iso conta co apoio da asistencia técnica de cara a facilitar a reflexión sobre as capacidades de I+D+i e as posibles liñas estratéxicas que se están a definir na Axenda Estratéxica de Investigación.

A continuación se han constituído Grupos de Trabajo en torno a temas considerados como prioritarios en la Agenda Estratégica de Innovación  de la Plataforma, y que son:

  • Novas fibras especializadas e compuestas para produtos téxtiles innovadores.
  • Funcionalización de materiais téxtiles e procesos relacionados.
  • Biomateriais, biotecnoloxías e procesos respectuosos co medioambiente.
  • Novos produtos téxtiles para aplicacións técnicas (transporte, construción, xeotéxtiles...).
  • Novos produtos téxtiles para mellora da actividade humana.
  • Personalización de produtos téxtiles para o cliente para a súa fabricación masiva.
  • Téxtiles e Indumentaria Intelixentes.
  • Novos conceptos e tecnoloxías para mellorar o proceso de deseño e desenvolvemento do produto.
  • Ciclo de vida dos produtos téxtiles e de confección. Xestión da súa calidade.